Croqueta de polbo, grelos e Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

Logo de limpar os grelos, cocémolos 3 minutos en auga con sal.
Despois cortamos as patas do polbo do longo que desexemos facer as croquetas e o queixo en tiras finas, do mesmo longo que o polbo.
A continuación xuntamos cada anaco de polbo cun de Queixo Tetilla e envolvémolo cunha folla de grelo. Logo empanámolo pasándoo por fariña, ovo e pan relado.
Para rematar, fritímolos en aceite quente e servímolos quentes para ver fundir o queixo.