DELICIAS DE QUEIXO TETILLA CON MAZÁ ACARAMELIZADA E COULIS DE MARMELO

PREPARACIÓN:

En primeiro lugar, derreter ao baño maría o Queixo Tetilla co azucre ata formar unha pasta suave.
Deseguido emulsionar as xemas e engadilas á pasta. A continuación quentar 1 dl de nata, engadir as colas previamente remolladas e xuntar á mestura anterior.
Logo mesturar coa nata semimontada, reencher as flaneiras e metelas na cámara.
Seguidamente cortar a mazá moi fina e empoar unha placa de forno con azucre glas, poñer por encima a mazá, cubrir con máis azucre e meter no forno prequecido ata que se endureza.
A continuación bater o marmelo e o almibre ata crear unha salsa homoxénea.
Finalmente desmoldar as flaneiras meténdoas uns segundos ao baño maría.
Para facer a presentación, decorar cun crocante de mazá cravado e a salsa de marmelo.

PAZO DO CASTRO O Castro O Barco de Valdeorras

Tfno.: 988 34 74 23 – Fax: 988 34 74 82

www.pazodocastro.com