Entrecosto de tenreira galega con salsa de Queixo Tetilla
4 PERSOAS:
- 4 entrecostos de tenreira galega de 200 g.
- Pataca de Galicia
- 200 gr de Queixo Tetilla
- 1 copa de coñac
- 2 dl de nata líquida
- Sal maldon e aceite de oliva
PREPARACIÓN:
En primeiro lugar, cociñamos nunha prancha os entrecostos de tenreira galega polas dúas caras deixándoos ao punto.
A continuación nunha tixola con aceite quente fritimos as patacas e despois de escorrelas con papel absorbente, sazonámolas con sal maldon.
Despois preparamos a salsa nun cazo poñendo o Queixo Tetilla, unha copa de coñac; flamexamos e engadimos a nata e deixamos cocer ata que espese. A presentación final consiste en colocar os entrecostos no prato, sazonados con sal maldon e acompañados das patacas fritas e a salsa de queixo.