Pescada de Celeiro con repolo, gratinada con Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

Comezaremos por cocer o repolo en auga e condimentamos a cocción cun óso salgado, mentres douramos a pescada por ambos os lados nunha tixola.
A continuación, colocamos o repolo nunha bandexa de forno e sobre el a pescada.
Finalmente cubrimos con láminas de Queixo Tetilla, e gratinamos aproximadamente 5 minutos a 180 graos.