Rolo de tenreira reenchido de algas e Queixo Tetilla ao mencía

PREPARACIÓN:

En primeiro lugar, estiramos os filetes e no medio deles colocamos o Queixo Tetilla e as algas, logo enrolámolos e prendémolos con palillos.
A continuación cociñámolos nunha tixola co aceite ben quente para que nos queden ben dourados por fóra e tenros por dentro e retirámolos.
Na mesma tixola, aproveitando o mollo dos filetes reducimos o viño Mencía Ribeira Sacra, e terminamos rectificando a salsa engadindo un pouco de azucre, sal e pementa.
Para finalizar, nunha tixola con aceite quente fritimos os pementos de Herbón e logo de escorrelos con papel absorbente, sazonámolos con sal.