Aviso legal

 
O usuario debe ler atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o sitio web, posto que as condicións de uso poderán sufrir modificacións.

1. Datos identificativos

En cumprimento da Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico 34/2002 do 11 de xullo (LSSICE) e en particular de acordo co artigo 10 de devandita lei e tamén da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e do Real decreto 1720/2007 do regulamento de desenvolvemento da LOPD, poñemos no seu coñecemento a seguinte información:

a) O sitio web www.queixotetilla.org é propiedade de CRDOP QUEIXO TETILLA, con CIF Q-8655602-D, domiciliada en R/ PAZO DE QUIAN, 15881-SERGUDE, 15881 BOQUEIXÓN (A CORUÑA).

b) O regulamento do CRDOP QUEIXO TETILLA, está aprobado e publicado pola Orde do 18 de xuño de 1993 e publicado no DOG do 14 de xuño de 1993.
Se quere contactar connosco pode facelo: a) ben mediante correo postal, no enderezo indicado anteriormente, b) ben a través do correo electrónico ao enderezo electrónico: info@queixotetilla.org.

2. Obxecto

O presente sitio web ten por obxecto dar a coñecer a todos os usuarios a información e servizos ofrecidos por CRDOP QUEIXO TETILLA, que se poderá modificar en calquera momento e sen aviso previo, o deseño, a presentación ou a configuración do sitio web, así como os seus contidos.

3. Usuarios

O acceso e/ou uso deste portal de CRDOP QUEIXO TETILLA, atribúe a condición de USUARIO, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí reflectidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das condicións xerais de contratación que, se é o caso, resulten de obrigado cumprimento.

Menores de idade

Se es menor de 14 anos necesitas o consentimento da túa nai, pai ou titores legais para que poidas rexistrarte e/ou os datos sexan obxecto de tratamento.
Se es maior de 14 anos poderás consentir por ti mesmo/a pero advertímosche que non debes publicar ou comunicarnos datos, información ou fotos dos teus amigos e/ou o teu contorno.
Para os menores de idade incluímosvos aquí unha ligazón, a unha guía sobre o tema, á páxina web da AEPD (Axencia Española de Protección de Datos) que é o organismo competente na materia. Esta ligazón está actualizada o 31-10-2011.

http://www.agpd.es/portalwebAGPD/canal_joven/common/pdfs/recomendaciones_menores_2008.pdf

É probable que nalgún momento a AEPD cambie este enderezo. Nese caso podes buscala na súa páxina principal cuxo enderezo é:

http://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php

Se non che funcionan cópiaos e pégaos no explorador que utilices habitualmente.

4. Uso do portal

CRDOP QUEIXO TETILLA resérvase o dereito a interromper en calquera momento e sen aviso previo o acceso ao sitio web, así como a interromper a prestación de calquera ou de todos os servizos que se prestan a través deste, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de mantemento, por fallos na subministración eléctrica ou por calquera outra causa. A dita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo. CRDOP QUEIXO TETILLA non garante a fiabilidade e dispoñibilidade do seu sitio web, polo que a utilización destes por parte do usuario se leva a cabo pola súa propia conta e risco. Determinados servizos son exclusivos para os usuarios rexistrados; o seu acceso atópase restrinxido e poderán estar sometidos a condicións particulares que, se é o caso, substitúan e/ou modifiquen o presente aviso legal. Nestes casos, como requisito previo para poder acceder ao servizo, o usuario rexistrado deberá rexistrarse co seu identificador e contrasinal. O uso do contrasinal é persoal e intransferible. A persoa autorizada por CRDOP QUEIXO TETILLA comprométese a facer un uso dilixente e a mantelo en segredo, e a asumir toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.
Con carácter xeral, o usuario obrígase ao cumprimento das presentes condicións e termos de uso, e a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que goza, absténdose de utilizar o sitio web queixotetilla.org#http://queixotetilla.org# de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento deste, os bens ou dereitos de CRDOP QUEIXO TETILLA do resto de usuarios ou en xeral de calquera terceiro.
En particular, e sen que iso implique ningunha restrición a obriga asumida polo usuario con carácter xeral de conformidade co apartado anterior, o usuario obrígase, na utilización da páxina web a:
• Non introducir, almacenar ou difundir en ou desde o sitio web, calquera información ou material que fose difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, incite á violencia á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, o honor, a intimidade ou a imaxe de terceiros e en xeral a normativa vixente.
• Non introducir, almacenar ou difundir mediante o sitio web ningún programa de ordenador, datos, virus, código, equipo de hardware ou de telecomunicacións ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico ou físico que sexa susceptible de causar danos no sitio web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes de CRDOP QUEIXO TETILLA, de calquera usuario, ou en xeral de calquera terceiro. Ou que de calquera outra forma sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento destes.
• Custodiar adecuadamente o nome de usuario e o contrasinal que lle sexa facilitado por CRDOP QUEIXO TETILLA, como elementos identificadores e habilitadores para o acceso aos distintos servizos ofrecidos no sitio web, comprometéndose a non ceder o seu uso nin a permitir o acceso a eles de terceiros, e a asumir a responsabilidade polos danos e perdas que puidesen derivarse dun uso indebido destes.
• Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos de CRDOP QUEIXO TETILLA ou terceiros.
• CRDOP QUEIXO TETILLA resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, CRDOP QUEIXO TETILLA non será responsable das opinións introducidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.

CRDOP QUEIXO TETILLA poderá, en todo momento e sen aviso previo, modificar o contido do sitio web, así como as presentes condicións xerais e as condicións particulares que, se é o caso, se inclúan, mediante a publicación das devanditas modificacións no sitio web co fin de que poidan ser coñecidas polos usuarios.

5. Protección de datos

Nas visitas do usuario ao sitio web CRDOP QUEIXO TETILLA propietario do website ou sitio web www.queixotetilla.org obtén a seguinte información a través da páxina web:

• A dirección IP asignada polo PSI ao usuario e o nome de dominio do PSI.
• O dominio desde o que se conecta a internet.
• O día e a hora que o usuario accedeu á páxina web.
• O enderezo en internet desde a que accedeu ao sitio web.é (se se accedeu a través doutra URL).
• O total de visitantes que acceden á nosa páxina web.
• O nome do sistema operativo e o navegador utilizado para ver a páxina web.
• O país ao que pertence o visitante (ou, se é o caso, o PSI).

Toda esta información recollida é totalmente anónima e o seu uso é sobre todo para labores de mercadotecnia e de estatísticas tecnolóxicas. Facemos uso da información sobre o número de visitas e o seu uso no seu conxunto para facer o noso sitio máis útil e interesante para os nosos usuarios.

Separadamente, a solicitada nos formularios incorporados necesaria para a xestión e mantemento dalgún dos nosos servizos.

Atendendo á Lei orgánica de protección de datos 15/1999 do 13 de decembro, informámolo de que os datos persoais que nos puidese facilitar durante a navegación polo noso sitio web (no momento do seu rexistro ou cando remita un formulario ou realice a súa consulta, comentario ou solicitude ou ao enviarnos un correo electrónico), estes pasarán a forman parte dun ficheiro de titularidade de CRDOP QUEIXO TETILLA que foi debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de datos e cuxa finalidade é:

Xestionar a súa solicitude, así como a realización de actividades comerciais, promocionais e/ou publicitarias propias ou de terceiros ou simplemente enviarlle información que consideremos do seu interese mediante calquera medio, incluíndo o envío de SMS, correo electrónico, correo postal etc.

O usuario CONSENTE que os datos persoais achegados a través do sitio web www.queixotetilla.org, ou calquera outro, a CRDOP QUEIXO TETILLA sexan incorporados aos ficheiros da súa titularidade e para o envío de información comercial a través de internet, sms, fax ou calquera outro medio.

CRDOP QUEIXO TETILLA comprométese ao cumprimento do deber de segredo tratando os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de informar o público en xeral e promover as súas actividades respecto dos datos de carácter persoal que puidese facilitarnos e a cumprir co deber de establecer as medidas de seguridade apropiadas para evitar a súa perda e todo acceso non autorizado.

Se desexa darse de baixa como usuario rexistrado ou se desexa exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, pode facelo enviando unha solicitude por escrito a CRDOP QUEIXO TETILLA R/ PAZO DE QUIAN, 15881 SERGUDE, 15881 BOQUEIXÓN (A CORUÑA) ou a través do correo electrónico a info@queixotetilla.org xunto con DNI ou outra proba válida en dereito.

CRDOP QUEIXO TETILLA cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos. Nos formularios de recollida de datos, os campos sinalados con asterisco son obrigatorios polo que no caso de que o usuario non facilite os datos correspondentes, CRDOP QUEIXO TETILLA poderá denegar o correspondente servizo.

CRDOP QUEIXO TETILLA comprométese na utilización dos datos incluídos no ficheiro, a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa finalidade do ficheiro, así como a cumprir coa súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas de seguridade para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido no Regulamento de Medidas de Seguridade 1720/2007 de 21 de decembro.

É dicir, as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos persoais, tendo en conta en todo momento do estado da tecnoloxía. Non obstante o anterior, as medidas de seguridade en internet non son inexpugnables e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.

No caso que os datos achegados estean asociados a unha compra, a lexislación española obríganos a mantelos bloqueados un determinado tempo, polo menos durante catro ou cinco anos, a disposición dos distintos organismos da Administración pública ou para cumprir coas obrigas legais. Só se poderán borrar ou rectificar os datos que non sexan pertinentes para cumprir con esa finalidade.

O noso servidor seguro garante a privacidade dos datos que nos transmite. Esta privacidade conséguese mediante o protocolo SSL, encriptando os datos enviados mediante o sistema de cifrado RSA, de forma que ninguén poida apropiarse deles xa que non dispón da clave necesaria. Pode comprobar que o seu navegador é seguro se aparece o símbolo do cadeado e tamén se pode apreciar que a URL varía lixeiramente: xa non empeza con http senón con https.

CRDOP QUEIXO TETILLA forma parte da Asociación Española de Comercio Electrónico (AECEM) (www.aecem.org) e aceptou o seu código ético, no que se refire ao tratamento dos datos de carácter persoal. Así mesmo, CRDOP QUEIXO TETILLA atópase adherida a Confianza Online, sistema de resolución das posibles controversias que se poidan dar entre consumidores e empresas no ámbito do Comercio Electrónico e a Publicidade Interactiva.

CRDOP QUEIXO TETILLA resérvase o dereito a dar de baixa a todo aquel usuario/a do sitio web que falsease información ou realizase un uso indebido deste e obrigándose a cumprir coas indicacións sinaladas nas cláusulas xerais.

6. Formularios de recollida de datos

A utilización de certos servizos ou solicitudes a CRDOP QUEIXO TETILLA estarán condicionadas a cubrir previamente o correspondente rexistro de usuario mediante formularios. Toda a información que facilite o usuario a través dos formularios do sitio web para os efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. Para estes efectos, o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá actualizada a información facilitada, sendo responsable da información falsa ou inexacta que realice e dos prexuízos que cause a CRDOP QUEIXO TETILLA.
Nos formularios de recolleita de datos, os campos sinalados con asterisco son obrigatorios polo que no caso de que o usuario non facilite os datos correspondentes, CRDOP QUEIXO TETILLA poderá denegar o correspondente servizo.

O usuario CONSENTE que os datos persoais achegados a través do sitio web www.queixotetilla.org, ou calquera outro, a CRDOP QUEIXO TETILLA sexan incorporados aos ficheiros da súa titularidade e para o envío de información comercial a través de internet, sms, fax ou calquera outro medio.

7. Uso de cookies

CRDOP QUEIXO TETILLA poderá utilizar cookies durante a prestación do servizo do sitio web. As cookies son procedementos automáticos de recollida de información persoal relativa ás preferencias determinadas por un usuario durante a súa visita a unha determinada páxina web. Esta información rexístrase nuns arquivos que son aloxados no propio terminal do usuario e asociados inequivocamente a este terminal. Cada vez que o usuario volve acceder ao sitio web en cuestión estes arquivos actívanse automaticamente de maneira que se configura o sitio web coas preferencias sinaladas en anteriores visitas. As cookies non poden ler outras cookies creadas por outros provedores.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación de cookies ou se advirta do momento en que isto ocorre. O sitio web é accesible sen necesidade de que estean activadas as opcións referentes ás cookies, aínda que poden impedir o correcto funcionamento de mecanismos de seguridade para servizos exclusivos ou determinados servizos que requiren dunha maior seguridade. A finalidade última das cookies do sitio web é a de facilitar a navegación do usuario.

8. Propiedade intelectual e industrial

A estrutura, deseño e forma de presentación dos elementos [gráficos, imaxes, códigos fonte, marcas, nomes comerciais, denominacións, artigos, informes, ficheiros, logotipos, son, audio, vídeo, software, texto, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, combinacións de cores e calquera elemento susceptible de protección] están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de CRDOP QUEIXO TETILLA ou de terceiros.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de propiedade intelectual.

Baixo ningún suposto, o acceso ao sitio web supón a renuncia, transmisión, cesión ou licenza total ou parcial dos devanditos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin confire ningún dereito de utilización, tradución, adaptación, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, dos devanditos contidos sen a autorización previa e expresa de CRDOP QUEIXO TETILLA ou do terceiro titular dos dereitos afectados. Quedan a salvo os dereitos do usuario de visualizar e obter unha copia na memoria caché do ordenador do usuario, como a reprodución transitoria e accesoria, sen que en ningún caso estea autorizado para comunicarlle esta a terceiros.

Están prohibidas a reprodución, a transformación, a distribución, a comunicación pública, a posta a disposición do público e, en xeral, calquera outra forma de explotación, parcial ou total dos elementos referidos no apartado anterior. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade de CRDOP QUEIXO TETILLA. Estes actos de explotación só poderán ser realizados en virtude de autorización expresa de CRDOP QUEIXO TETILLA e que, en todo caso, deberán facer referencia explícita á titularidade dos citados dereitos de propiedade intelectual de CRDOP QUEIXO TETILLA. Só estará autorizado á reprodución, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado dos contidos dispostos no sitio web.

A infracción de calquera dos citados dereitos podería constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un posible delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código penal.

Non se permite a utilización dos signos distintivos [marcas, nomes comerciais], salvo a autorización expresa dos lexítimos titulares.

CRDOP QUEIXO TETILLA fará uso, en defensa dos seus dereitos do copyright e da propiedade intelectual de todas as armas legais das que poida facer uso en calquera lugar do mundo.
En todo caso se CRDOP QUEIXO TETILLA se considerase prexudicada nesta materia resérvase o dereito a solicitar indemnizacións polo uso de material baixo copyright.

9. Exclusión de garantías e responsabilidades

CRDOP QUEIXO TETILLA non será responsable:
Con carácter xeral, respecto do uso inadecuado do sitio web titularidade de CRDOP QUEIXO TETILLA.
Dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Os usuarios deberán realizar un uso adecuado do sitio web, de acordo coas condicións e termos anteriores, sen que CRDOP QUEIXO TETILLA poida ter ningunha responsabilidade pola utilización indebida.

Respecto de posibles deficiencias técnicas, CRDOP QUEIXO TETILLA non será responsable no caso de que existan alteracións ou interrupcións do servizo, demoras, erros ou mal funcionamento deste servizo por fallos na rede eléctrica, na rede de conexión de datos, no servidor ou en calquera prestación ou que teñan a súa orixe en causas alleas a esta ou debidas a unha actuación dolosa ou culposa do usuario, ou por mor de forza maior. Son causas de forza maior fallos de terceiros, operadores ou compañías de servizos, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das autoridades públicas, actos producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns etc. e o ataque de hackers ou terceiros á seguridade ou integridade do sistema informático. En calquera caso, sexa cal fose a súa causa, CRDOP QUEIXO TETILLA non asumirá ningunha responsabilidade xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante. CRDOP QUEIXO TETILLA non se responsabiliza de contidos e opinións de terceiros introducidos no seu sitio web nin da información contida nas páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do sitio web, posto que a función destas é informar o usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos neste sitio web. Por todo iso, CRDOP QUEIXO TETILLA non será responsable do resultado obtido a través das ditas ligazóns hipertextuais. Cando poida accederse a páxinas web de terceiros a través de buscadores ou ligazóns, CRDOP QUEIXO TETILLA actúa unicamente como comunicador de información de interese para os usuarios de conformidade coa Lei 32/2002, do 12 de xullo, de servizos da sociedade da información e o comercio electrónico e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos sitios enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactive o enlace coa dilixencia debida. En ningún caso a existencia de sitios enlazados debe presupoñer a existencia de acordos cos responsables ou titulares destes, nin a recomendación, promoción ou identificación de CRDOP QUEIXO TETILLA coas manifestacións, contidos ou servizos provistos. CRDOP QUEIXO TETILLA non coñece os contidos e servizos dos sitios enlazados e xa que logo non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a CRDOP QUEIXO TETILLA. CRDOP QUEIXO TETILLA non se fai responsable pola utilización que o usuario realice dos servizos do sitio web nin dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do sitio web, infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros. CRDOP QUEIXO TETILLA non se fai responsable polos danos que poidan causarse nos equipos dos usuarios por posibles virus informáticos contraídos polo usuario por mor da súa navegación no sitio web, ou por calquera outros danos derivados desa navegación. Correspóndelle ao usuario, en todo caso, dispoñer de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños. CRDOP QUEIXO TETILLA non ofrece ningunha garantía de ausencia de erros en ningún dos contidos do seu sitio web, ademais de non garantir a corrección de calquera defecto ou a ausencia de virus e demais compoñentes daniños no presente sitio web ou no seu servidor. O usuario responderá fronte a CRDOP QUEIXO TETILLA de calquera dano e perda que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento das condicións de uso do sitio web e demais obrigas establecidas no presente aviso legal.

10. Ligazóns no sitio web e do sitio web.

CRDOP QUEIXO TETILLA no caso de que en www.queixotetilla.org se dispuxesen ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de internet, CRDOP QUEIXO TETILLA non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso CRDOP QUEIXO TETILLA asumirá ningunha responsabilidade polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos devanditos hipervínculos ou outros sitios de internet. Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
O usuario de internet que introduza ligazóns desde as súas propias páxinas ao sitio web deberá cumprir coas seguintes condicións: A ligazón unicamente vinculará coa home page ou páxina principal do sitio web pero non poderá reproducila de ningún xeito (copia dos textos, gráficos etc.). Queda prohibido, de acordo coa lexislación vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan o sitio web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de internet distintos aos do sitio web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao sitio web de forma que: produza, ou puidese producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; supoña un acto de comparación ou imitación desleal; sirva para aproveitar a reputación do prestixio de CRDOP QUEIXO TETILLA; ou resulte prohibido pola lexislación vixente. O sitio web que insira a ligazón non poderá realizar ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre CRDOP QUEIXO TETILLA e os seus membros. En ningún caso se expresará no sitio web onde se sitúe a ligazón que CRDOP QUEIXO TETILLA prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora ou verifica os servizos do autor da ligazón. O sitio web que estableza a ligazón cumprirá coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que: • sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas etc.); • induzan ou poidan inducir no usuario á falsa concepción de que CRDOP QUEIXO TETILLA subscribe, apoia, se adhire ou de calquera xeito apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; ou resulten inapropiados coa actividade de CRDOP QUEIXO TETILLA con relación ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

11. Dereitos de exclusión

CRDOP QUEIXO TETILLA resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións xerais de uso, que falsease información ou realizase un uso indebido deste e obrigándose a cumprir coas indicacións sinaladas nas cláusulas xerais sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito. Igualmente CRDOP QUEIXO TETILLA resérvase o dereito de non gardar ningún dato ou de borrar estes dos seus ficheiros en tanto non se proceda a establecer unha relación comercial en firme.

12. Xeneralidades

CRDOP QUEIXO TETILLA perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu portal e exercerá todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

13. Modificación das condicións

CRDOP QUEIXO TETILLA poderá modificar, cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos como os servizos, condicións e finalidades aquí determinadas, que se presten a través da web, como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal, en calquera momento, sen aviso previo, as condicións e finalidades aquí determinadas, e serán debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
Con base nesta posibilidade de modificacións, o usuario debe ler atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar o sitio web CRDOP QUEIXO TETILLA.

14. Publicidade

Determinadas partes do sitio web poden albergar contidos publicitarios ou estar patrocinados. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsables de asegurarse que o material remitido para a súa inclusión no sitio web cumpre coas leis que en cada caso poidan ser de aplicación.

15. Lexislación aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que lle incumba ao sitio web rexe a lexislación española sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso de do presente sitio web, os xulgados e tribunais que lle correspondan a Boqueixón (A Coruña), España.