Cigalas salteadas ao albariño con ensalada crocante e Queixo Tetilla
4 PERSOAS:
- 12 cigalas grandes.
- Queixo de tetilla.
- 1 copa de viño albariño.
- 1 pataca, 1 leituga, 1 escarola, 2 cenorias, 100 g de feixóns e 1 remolacha.
- Aceite de oliva e sal.
PREPARACIÓN:
En primeiro lugar, pelamos os corpos das cigalas e colocámolas nunha bandexa no forno.
A continuación poñemos un anaco de Queixo Tetilla encima de cada cigala, regamos co viño albariño e metémolo no forno durante 5-6 minutos a 190 grados.
Seguidamente fritimos as cenorias, a remolacha, os feixóns e a pataca, ata deixalas crocante cun puntiño de sal.
Acabamos o prato colocando as leitugas, as verduras e as cigalas repartidas pola bandexa.