Mexillóns en escabeche con froitas e Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

Primeiramente facemos o escabeche dourando en aceite os allos e engadímoslle a cebola. Cando estea rustrida engadimos o viño godello, o vinagre, o loureiro, o perexil e o pemento doce. Deseguido fervemos e engadimos os mexillóns abertos previamente.
Finalmente empratamos colocando os mexillóns en escabeche rodeados das froitas cortadas e tacos de Queixo Tetilla.