Rolos de verduras ecolóxicas con crocante de Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

En primeiro lugar, cortamos os pementos e unha cabaciña en tiras longas e delgadas, logo fritímolas no seu punto.
Despois cortamos as xudías, cenorias e os espárragos tamén en tiras e cocémolas ata que abranden.
A outra cabaciña córtase en tiras finas e escáldase en auga uns segundos.
Seguidamente estiramos cada unha das tiras de cabaciña e encima colocamos un pouco de cada unha das verduras cociñadas e envolvemos a tira de cabaciña facendo un rolo. A continuación colocamos os rolos feitos nunha bandexa e quentámolos no forno.
Finalmente acompañamos cuns crocantes de Queixo Tetilla, que facemos cunhas láminas delgadas de queixo sobre un papel de forno, durante 10-15 minutos a 80 graos.
Para a presentación, colocaremos os rolos nun prato e os crocantes cravados enriba.