Tostada de pan de Cea con sardiñas, Queixo Tetilla e mel de Galicia

PREPARACIÓN:

Para comezar, limpamos as sardiñas, quitámoslles as espiñas e facemos dous filetes de cada unha. Despois mesturamos nun conco o mollo de limón, o sal e o azucre, e cubrimos as sardiñas.
Deixámolas media hora; sacámolas e lavámolas.
A continuación cortamos as torradas de pan de Cea, colocamos encima os tomates cortados finos e o Queixo Tetilla, e metémolo no forno a 200 graos ata torrar o pan e fundir o queixo.
Acabamos colocando encima as sardiñas mariñadas e un chorro de mel de Galicia. Empoamos cun pouco de pementa en muíño e ceboliño cortado en anacos.
Finalmente a presentación realizarémola con uvas pasas e piñóns.