Funcións do Consello Regulador

 

O Consello Regulador é unha corporación de dereito público creada para a xestión da denominación, coas funcións decisorias en cantas atribucións se lle encomendan na lexislación de aplicación e no regulamento.

A misión do Consello Regulador é a de aplicar os preceptos deste regulamento e velar polo seu cumprimento. O Regulamento do Consello Regulador foi aprobado por Orde da Consellería do Medio Rural do 13 de febreiro de 2017 (DOG 23/02/17).

Recoñécese como Denominación de Orixe Protexida (DOP) no Regulamento (CE) 1107/96 da Comisión do 17 de xuño de 1996.

É misión principal do Consello Regulador a de aplicar os preceptos do regulamento e velar por que se cumpra, para o que exercerá as funcións que, con carácter xeral, se lles encomenda aos consellos no artigo 14 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e disposicións complementarias, así como as que expresamente se indican no articulado do regulamento.