Canas reenchidas de Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

Para comezar, fritimos a monda de laranxa no aceite e engadimos a manteiga para fundila, logo incorporamos o leite e a fariña. Cando arrefríe, amasamos ata obter unha masa compacta e adecuada para poder estirala cun rolete en finas capas.
A continuación enrolamos as capas nunhas canas e fritímolas en aceite, sacámolas e pasámolas por azucre.
Logo poñemos a ferver o leite cos aromas de limón e canela e o Queixo Tetilla en anacos.
Despois mesturamos nun bol azucre e maicena e logo engadimos os ovos e incorpóramos aos poucos o leite sen os aromas, sen deixar de remover.
Deseguido poñemos ao lume a ferver ata que espese.
Finalmente deixamos de arrefriar e reenchemos as canas.