
O Queixo Tetilla ofréceche a posibilidade de usalo en calquera prato e é probablemente o máis internacional dos queixos galegos.

Coñece os elaboradores de Queixo Tetilla repartidos por toda Galicia. Estes son os auténticos creadores deste queixo tan especial.
O Queixo Tetilla é probablemente o máis internacional dos queixos galegos. O seu olor e sabor suave xunto a unha textura cremosa fano ideal para calquera momento, para calquera padal, ademais é dun produto san e equilibrado.
Non podemos esquecer a súa forma cónica, cóncava-convexa que o diferencia de todos os demais, un formato tan característico como positivo para a súa elaboración e maduración. Xa sabes conserva o teu Queixo Tetilla na parte baixa do frigorífico e sácao unha hora antes do seu consumo, para gozalo completamente; só ou acompañado, en toros ou fundido.