Queixo de tetilla en Alimentarios


Como non podía ser doutro xeito Queixo Tetilla estivo presente en Alimentaria un dos salóns de alimentación máis importantes do mundo. Un evento de referencia cuxos factores de éxito son a máxima especialización da súa oferta, a innovación e unha infatigable vocación exterior.

Do 26 ao 29 de marzo de 2012, Alimentaria foi un centro de negocios internacional para mostrar un pouco máis a calidade e sabor do galego máis famoso.