Xa está en marcha a XV Cata dos Queixos de Galicia


Presentámosvos en primicia, as primeiras imaxes da XV Cata dos Queixos de Galicia.

Non me digades que non dan ganas de facerse catador!

Podedes ver nas imaxes as porcións que están sendo degustadas polos catadores e de onde sairán os ganadores deste ano.

 

 

 

 

 

 

Invitámosvos a que probedes os queixos de tetilla das diferentes queixerías oficiais do Consello Regulador e fagades vosa propia cata na casa, cos vosos amigos ou familiares en busca do voso Queixo Tetilla ideal.

 

 

 

 

A verdade é que é un momento especial para todos nós. Porque parece poñer a proba o traballo de todo o ano, de moita xente e a ilusión e dedicación que cada queixería de Queixo Tetilla DOP pon en cada produto para que vós gocedes do sabor máis auténtico, natural e saboroso.

 

Sorte a todos!