Dados de anguía con verduras ao vapor e Queixo Tetilla
4 PERSOAS:
- Unha anguía de 400-600 g.
- 2 cenorias
- 1 cabaciña
- 1 tomate
- 4 espárragos trigueiros
- Ovos de troita
- 200 g de Queixo Tetilla
- Herbas aromáticas
- Sal e aceite de oliva
PREPARACIÓN:
En primeiro lugar, limpamos e cortamos a cenoria, os trigueiros e a cabaciña, e cocémolos ao vapor cun pouco de sal.
Logo pelamos o tomate e cortámolo en dados.
A continuación limpamos a anguía, quitámoslle a espiña e cortamos en dados medianos.
Coa axuda dun molde-aro, colocamos as verduras dentro e encima os dados de peixe para rematar poñendo por riba o Queixo Tetilla.
Deseguido cociñamos ao forno a 180-190 graos para que se cociñe o peixe e se funda o queixo.
Para rematar, decoramos cada ración con ovos de troita e ou herbas aromáticas.