Lombo de porco celta asado sobre arroz cremoso de Queixo Tetilla

PREPARACIÓN:

Para comezar, douramos o lombo nunha placa en aceite ben quente e terminámolo no forno uns 15 minutos a 180 graos.
Logo refogamos nunha cazola os allos e o resto da verdura picada, cando se rustran engadimos o caldo, o arroz, as febras de azafrán e deixamos cocer uns 14-15 minutos; primeiro a lume forte e logo lentamente.
Nos últimos 3 minutos engadimos o Queixo Tetilla para que se funda e nos deixe o arroz meloso.
Para servilo colocamos nun prato o arroz cremoso cun anaco do lombo fileteado.