Milfollas reenchido de crema de Queixo Tetilla
4 PERSOAS:
- 1 paquete de masa de follado
- 1/2 litro de nata
- 1 paquete de framboesas
- Para a crema:
- 2 ovos, 4 xemas
- 150 g azucre, 150 g de Queixo Tetilla
- 1 litro de leite
- 40 g de maicena
- Aromas de limón e canela
PREPARACIÓN:
En primeiro lugar, fervemos o leite cos aromas de limón e canela e o Queixo Tetilla en anacos para facer a crema.
A continuación mesturamos o azucre e a maicena, logo engadimos os ovos e incorporámoslle aos poucos o leite sen os aromas, sen deixar de remover. Despois poñemos a lume e ferver ata que espese.
Logo estiramos o follado e, mentres se coce no forno a 210 graos, montamos a nata.
Finalmente montamos o pastel poñendo unha primeira capa de follado, unha encima de crema de queixo, logo outra de follado, e terminamos cunha base de nata sobre a que poñemos as framboesas.