Pataca de Galicia reenchida de Lacón Galego e Queixo Tetilla con crema de pementos vermellos

PREPARACIÓN:

En primeiro lugar, pelamos as patacas e baleirámolas polo medio facendo un espazo para reenchelas, para logo cocelas en auga con sal e unha folla de loureiro, e deixámolas un pouco duras.
A continuación picamos o lacón e reenchemos as patacas, cubrímolas ao final con queixo e acabamos meténdoas no forno uns 7-8 minutos, ata que se cociñen e o Queixo Tetilla se gratine e se mesture co lacón.
Para a crema de pementos vermellos, poñemos unha ola cun pouco de aceite, a cebola e os pementos picados.
Cociñámolos lentamente e logo triturámolos para obter unha crema fina.
Para rematar, servimos as patacas nun prato, e colocámolas sobre a crema de pementos.