PEIXE SAPO GRATINADO CON QUEIXO TETILLA SOBRE CREMA DE TOMATE, PATACAS PANADEIRA E ALCACHOFAS FRITAS

PREPARACIÓN:

Primeiramente limpamos, espiñamos, salgamos e douramos o peixe sapo nunha prancha ben quente cun pouco de aceite de oliva virxe. Deseguido limpamos as alcachofas, escaldámolas nun pouco de auga con sal, laminámolas, enfariñámolas e fritímolas. A continuación facemos unha crema de tomate rustrindo a cebola e os tomates, cando estea rustrido, pasámolo pola túrmix e rectificamos de sal e azucre.

MONTAXE:

Nunha bandexa poñemos as patacas panadeira, encima as alcachofas fritas, logo o rape e para rematar o Queixo Tetilla. Logo introducímolo no forno 5 minutos a 180 ºC. Finalmente facemos unha lágrima coa crema de tomate no fondo do prato, montamos o peixe sapo e a súa guarnición encima e decoramos cunha rama de ceboliño.

Manuel Vázquez Yáñez

Restaurante Campos