CREMA DE QUEIXO TETILLA A MODO DE TIRAMISÚ E TELLA DE NOZ

PREPARACIÓN:

Primeiramente, quentamos o leite co queixo cortado e trituramos nun robot. Deseguido montamos a nata co azucre e mesturamos co queixo.
Para a tella de noz, montamos as claras a punto de neve e cando colla un pouco de corpo engadímoslle o azucre. Seguimos batendo ata que estean duras. A continuación incorporamos a améndoa moída e removemos. Estendémolo nun simplax a modo dun biscoito moi fino e cocémolo no forno a 160 ºC, 30 minutos. Ten que quedar crocante.
Para a salsa: co almibre no lume cortamos as fresas en dados e cocemos 10 minutos, logo retirámolo e reservámolo na cámara para servir en frío.

MONTAXE:

Coa axuda dunha culler racionamos o queixo e a tella encima. Para rematar, decoramos coa salsa de fresa.

Chus Castro

Restaurante Bitadorna