Este agosto regalamos un iPad e un robot de cociña a


Eduardo Miguel Ramírez e Antonia Cortés Sánchez respectivamente. Neste momento estámolos empaquetando para envialos e os seus gañadores xa poderán gozalos sempre acompañados do seu galego máis famoso, o Queixo Tetilla.
Así continuaremos ata final de ano, tan só por comprar un Queixo Tetilla coa contraetiqueta do Consello Regulador e participar no concurso en liña, ti podes ser o seguinte gañador.
Ademais, regalamos cada mes 50 mandís de modo directo e sorteamos estancias en Galicia.
Gozar do sabor e os agasallos do Queixo Tetilla.


E o iPad e robot de cociña son para


Manuel Rodríguez e María de la Fuente.
Estes son os gañadores dos premios estrela do mes de xullo. Parabéns!
Recordade ademais que regalamos 50 mandís e estancias en Galicia en casas rurais ou balnearios.
Quédanvos uns días para participar en agosto e continuaremos dando agasallos directos cada mes ata decembro. Non os deixes escapar!.


Continuamos dando agasallos


Esta vez anunciámosvos os gañadores do concurso de xuño:

O iPad correspóndelle a María José Hermello Lemos.
O robot de cociña a Lourdes García García.

María José Hermello Lemos foi a afortunada que gañou un iPad 16 Gb Wifi.

A Lourdes García García tocoulle un estupendo robot de Cociña Bosch.

Se queres ser o próximo ganador, xa sabes, compra un Queixo Tetilla no teu punto máis próximo e introduce o código da contraetiqueta na sección do concurso na nosa web, e saberás ao momento se che correspondeu un dos agasallos directos. Sorte!

Recordade que ademais repartimos 50 mandís e 5 estancias en casas rurais ou balnearios de Galicia, cada mes.

Se queres coñecer máis de preto o Queixo Tetilla e participar nas súas promocións, faite seguidor na páxina de facebook.


Gañadores do concurso en maio


Xa temos os gañadores provisionais do concurso de maio:
O iPad correspóndelle a Josefa Domínguez.
O robot de cociña a Pedro Barqueiro Ferez.

Ademais repartimos 50 mandís e 5 estancias en casas rurais ou balnearios de Galicia.

Se queres coñecer máis de preto o Queixo Tetilla e participar nas súas promocións, faite seguidor na páxina de facebook.
E ti, aínda non participaches? Seguiremos dando agasallos todo o verán.
Xa sabes, compra un Queixo Tetilla e entra nesta web co número da contraetiqueta e o tícket de compra e consegue algún dos premios.
Sorte e a gozar do sabor do galego máis famoso.


Queixo de tetilla en Alimentarios


Como non podía ser doutro xeito Queixo Tetilla estivo presente en Alimentaria un dos salóns de alimentación máis importantes do mundo. Un evento de referencia cuxos factores de éxito son a máxima especialización da súa oferta, a innovación e unha infatigable vocación exterior.

Do 26 ao 29 de marzo de 2012, Alimentaria foi un centro de negocios internacional para mostrar un pouco máis a calidade e sabor do galego máis famoso.


Páxina 3 de 41234