Gañadores da XV cata dos queixos de Galicia


A XV cata dos queixos de Galicia volveu ser un éxito.

A verdade é que en Galicia temos uns pastos e unhas vacas que producen o exquisito leite co que se elaboran todos os queixos galegos con denominación de orixe.

En canto ao noso, ao queixo galego máis famoso, podémosvos confirmar que a calidade este ano foi excelente.

Queremos agradecer a todos os participantes, porque eles fan que cada día gocemos dun mellor Queixo Tetilla e darlles os parabéns aos ganadores:

El O OURO foi para Lácteos Terra de Melide, SL

 

 

 

 

La A PRATA para SAT Queinaga 871-Xuga

 

 

 

 

 

 

El O BRONCE para Alimentos Ruta Xacobea, SL

 

 

 

 

 

 

 

E aquí podemos ver de esquerda a dereita o 4.º posto para Casa Anxel, SC; o 5.º posto para Asociación Ferial Semana Verde de Galicia e o 6.º posto para Lácteos Anzuxao, SL.

 

Agora só nos queda gozar do Queixo Tetilla en calquera das súas marcas rexistradas no Consello Regulador, porque todas teñen unha calidade garantida e esperar á XVI Edición da Cata de Queixos de Galicia.


Xa está en marcha a XV Cata dos Queixos de Galicia


Presentámosvos en primicia, as primeiras imaxes da XV Cata dos Queixos de Galicia.

Non me digades que non dan ganas de facerse catador!

Podedes ver nas imaxes as porcións que están sendo degustadas polos catadores e de onde sairán os ganadores deste ano.

 

 

 

 

 

 

Invitámosvos a que probedes os queixos de tetilla das diferentes queixerías oficiais do Consello Regulador e fagades vosa propia cata na casa, cos vosos amigos ou familiares en busca do voso Queixo Tetilla ideal.

 

 

 

 

A verdade é que é un momento especial para todos nós. Porque parece poñer a proba o traballo de todo o ano, de moita xente e a ilusión e dedicación que cada queixería de Queixo Tetilla DOP pon en cada produto para que vós gocedes do sabor máis auténtico, natural e saboroso.

 

Sorte a todos!


XV Cata dos Queixos de Galicia


Xa estamos preparando a XV Cata dos Queixos de Galicia que terá lugar o 28 e 29 de novembro, na sala de cata do IES Compostela, en Lamas de Abade.

Desde Queixo Tetilla participaremos con queixos cun tempo de maduración entre 14 e 20 días no momento da cata, e un só lote por elaborador.

As imaxes que vedes son do marcado de 10 pezas dun lote que cumpre as bases da cata. Márcase con tinta alimentaria, por suposto.

O día 28 pola tarde, será a precata das 31 mostras de Queixo Tetilla participantes, de aquí as 6 con máis puntuación, pasan á cata final, que é o 29 pola mañá.

Irémosvos informando de todo o proceso ata a selección final dos gañadores.

Sorte a todos os participantes!


Gañadores do iPad e do robot en outubro


Xa temos confirmados os gañadores dos premios directo de outubro. Agora estamos comprobando os de novembro. Pero de momento darlle os parabéns a Diana López Ferreño que poderá gozar este Nadal do seu robot de cociña de deseño, e a María Lourdes Alfonso Márquez que poderá entrar na nosa web ou facerse fan en facebook co seu estupendo iPAD.

Podedes seguir participando todo o mes de decembro e recordade que ademais sorteamos estancias en Galicia.


Os afortunados do mes de setembro son


Ana María Rodríguez Rogel que conseguiu un estupendo robot de cociña e María Jesús Rodríguez Basagoiti que gañou o xenial iPad.
Recorda que comprando un Queixo Tetilla coa contraetiqueta do Consello Regulador ademais de gozar dun sabor único e produto moi natural, poderás gañar agasallos directos e estancias en Galicia para 2 persoas no concurso en liña.
Son moitas as vantaxes do auténtico Queixo Tetilla, pero agora ademais dáche agasallos directos, sorte!


Páxina 2 de 41234