• Slider 4
  • Slider 3
  • Slider2
  • Slider 1
placeholder image

O queixo de tetilla ofréceche a posibilidade de usalo en calquera prato e é probablemente o máis internacional dos queixos galegos.

placeholder image

Por que o queixo de tetilla ten ese sabor tan especial e gusta a todos os padais?

placeholder image

Coñece os elaboradores de queixo de tetilla repartidos por toda Galicia. Estes son os auténticos creadores deste queixo tan especial.


Consello Regulador

O queixo de tetilla é probablemente o máis internacional dos queixos galegos. O seu olor e sabor suave xunto a unha textura cremosa fano ideal para calquera momento, para calquera padal, ademais é dun produto san e equilibrado.

Non podemos esquecer a súa forma cónica, cóncava-convexa que o diferencia de todos os demais, un formato tan característico como positivo para a súa elaboración e maduración. Xa sabes conserva o teu queixo de tetilla na parte baixa do frigorífico e sácao unha hora antes do seu consumo, para gozalo completamente; só ou acompañado, en toros ou fundido.