Os gañadores do concurso Sácalle punta á vida

Os gañadores do concurso Sácalle punta á vida

Estes son os ganadores do concurso SÁCALLE PUNTA Á VIDA!
Un concurso de vídeo, fotografía e relato breve para darlles valor aos detalles, ás pequenas cousas que nos fan máis felices.
O gañador de vídeo foi Manuel Chapela, a ganadora de fotografía Noemí Olivera e en relato breve o premio foi para José Ramón Crespo.
Parabéns!
Cada un deles gozan de 1000 euros en material audiovisual á súa elección, para poder seguir creando e sacarlle punta á vida.
Aquí podes ver as pezas gañadoras e o resto de participantes GALERÍA CONCURSO.

Comentarios desactivados en Os gañadores do concurso Sácalle punta á vida

Sácalle punta á vida

Sácalle punta á vida

SÁCALLE PUNTA Á VIDA!
É o momento de darlles valor aos detalles, ás pequenas cousas que nos fan máis felices.
É o momento de gozar das cousas sinxelas.
Entra en www.sacalepuntaalavida.com e descobre as 3 historias reais, de persoas que valoran eses momentos únicos e especiais.

Comentarios desactivados en Sácalle punta á vida

Concurso de receitas

Concurso de receitas

Xa está en marcha o concurso de receitas en facebook de Queixo Tetilla. As primeiras receitas son xeniais, orixinais e sobre todo apetecibles!!! Os 50 primeiros participantes teñen agasallo seguro e entre todos os participantes ata o día 12 de maio, elixiremos as 2 gañadoras dun estupendo robot de cociña; e a máis votada e outras 7 elixidas gozarán dunha estupenda fin de semana rural en Galicia. Animámosvos a participar e conseguir un dos agasallos, ademais de gozar da cociña e do prato que preparedes co Queixo Tetilla.

Comentarios desactivados en Concurso de receitas

Xa estamos repartindo as estancias rurais aos gañadores

A espera debeuse á numerosa participación, e a que comprobamos todos e cada un dos tíckets de compra pero xa está. Os gañadores poden elixir entre 110 destinos repartidos por toda Galicia e de 4 meses para seleccionar as datas que prefiran. Como ves co Queixo Tetilla gozas de Galicia en todos os sentidos, o seu sabor, o seu agarimo e agora dos seus lugares e establecemento rurais. Pronto haberá novos concursos e premios para todos.

Comentarios desactivados en Xa estamos repartindo as estancias rurais aos gañadores

Os últimos premios directos do concurso foron para

María Paz Ruíz Martín un estupendo iPad, Pilar Quesada Monserrate que gañou un robot de cociña de deseño Bosch e José García Cano, un iPad. Grazas a todos os participantes no pasado 2012, por confiar en Queixo Tetilla.
Nestas datas estamos organizando os lugares e as datas para todos os gañadores de estancias rurais en Galicia. Pronto poderedes gozar do voso premio, seguide atentos, porque nos poñeremos en contacto con vós.
Aos demais indicarvos que xa estamos preparando novas promocións e agasallos para este 2013 que esperamos vos gusten.

Comentarios desactivados en Os últimos premios directos do concurso foron para

Gañadores da XV cata dos queixos de Galicia

A XV cata dos queixos de Galicia volveu ser un éxito.

A verdade é que en Galicia temos uns pastos e unhas vacas que producen o exquisito leite co que se elaboran todos os queixos galegos con denominación de orixe.

En canto ao noso, ao queixo galego máis famoso, podémosvos confirmar que a calidade este ano foi excelente.

Queremos agradecer a todos os participantes, porque eles fan que cada día gocemos dun mellor Queixo Tetilla e darlles os parabéns aos ganadores:

El O OURO foi para Lácteos Terra de Melide, SL

 

 

 

 

La A PRATA para SAT Queinaga 871-Xuga

 

 

 

 

 

 

El O BRONCE para Alimentos Ruta Xacobea, SL

 

 

 

 

 

 

 

E aquí podemos ver de esquerda a dereita o 4.º posto para Casa Anxel, SC; o 5.º posto para Asociación Ferial Semana Verde de Galicia e o 6.º posto para Lácteos Anzuxao, SL.

 

Agora só nos queda gozar do Queixo Tetilla en calquera das súas marcas rexistradas no Consello Regulador, porque todas teñen unha calidade garantida e esperar á XVI Edición da Cata de Queixos de Galicia.

Comentarios desactivados en Gañadores da XV cata dos queixos de Galicia

Xa está en marcha a XV Cata dos Queixos de Galicia

Presentámosvos en primicia, as primeiras imaxes da XV Cata dos Queixos de Galicia.

Non me digades que non dan ganas de facerse catador!

Podedes ver nas imaxes as porcións que están sendo degustadas polos catadores e de onde sairán os ganadores deste ano.

 

 

 

 

 

 

Invitámosvos a que probedes os queixos de tetilla das diferentes queixerías oficiais do Consello Regulador e fagades vosa propia cata na casa, cos vosos amigos ou familiares en busca do voso Queixo Tetilla ideal.

 

 

 

 

A verdade é que é un momento especial para todos nós. Porque parece poñer a proba o traballo de todo o ano, de moita xente e a ilusión e dedicación que cada queixería de Queixo Tetilla DOP pon en cada produto para que vós gocedes do sabor máis auténtico, natural e saboroso.

 

Sorte a todos!

Comentarios desactivados en Xa está en marcha a XV Cata dos Queixos de Galicia

XV Cata dos Queixos de Galicia

Xa estamos preparando a XV Cata dos Queixos de Galicia que terá lugar o 28 e 29 de novembro, na sala de cata do IES Compostela, en Lamas de Abade.

Desde Queixo Tetilla participaremos con queixos cun tempo de maduración entre 14 e 20 días no momento da cata, e un só lote por elaborador.

As imaxes que vedes son do marcado de 10 pezas dun lote que cumpre as bases da cata. Márcase con tinta alimentaria, por suposto.

O día 28 pola tarde, será a precata das 31 mostras de Queixo Tetilla participantes, de aquí as 6 con máis puntuación, pasan á cata final, que é o 29 pola mañá.

Irémosvos informando de todo o proceso ata a selección final dos gañadores.

Sorte a todos os participantes!

Comentarios desactivados en XV Cata dos Queixos de Galicia

Gañadores do iPad e do robot en outubro

Xa temos confirmados os gañadores dos premios directo de outubro. Agora estamos comprobando os de novembro. Pero de momento darlle os parabéns a Diana López Ferreño que poderá gozar este Nadal do seu robot de cociña de deseño, e a María Lourdes Alfonso Márquez que poderá entrar na nosa web ou facerse fan en facebook co seu estupendo iPAD.

Podedes seguir participando todo o mes de decembro e recordade que ademais sorteamos estancias en Galicia.

Comentarios desactivados en Gañadores do iPad e do robot en outubro

Os afortunados do mes de setembro son

Ana María Rodríguez Rogel que conseguiu un estupendo robot de cociña e María Jesús Rodríguez Basagoiti que gañou o xenial iPad.
Recorda que comprando un Queixo Tetilla coa contraetiqueta do Consello Regulador ademais de gozar dun sabor único e produto moi natural, poderás gañar agasallos directos e estancias en Galicia para 2 persoas no concurso en liña.
Son moitas as vantaxes do auténtico Queixo Tetilla, pero agora ademais dáche agasallos directos, sorte!

Comentarios desactivados en Os afortunados do mes de setembro son

Páxina 1 de 212